Paolo Latrónica | Rockautor

9/Oct/2014 - 11:00pm

Paolo Latrónica | Rockautor.Uruguay Presenta Mujeres que saben amar.

Paolo Latrónica Agudo produtor, inquieto artista de estilo xenuíno e persoal, achega a canción de autor ao tango, a bossa nova ou o candombe sempre co pano de fondo do rock. Traballou xunto a ARIEL ROT, TONTXU, FLACO JIMÉNEZ, DANIEL DREXLER, EL BICHO… O seu directo, sincero e vigoroso, a profesionalidade e unha perfecta posta en escena fan dos seus shows un regalo para os sentidos e un auténtico luxo para calquera gala. O seu novo traballo, Mujeres que saben amar, é un disco mestizo desde a súa xestación que formaría parte da que se vén chamando Nueva Canción Uruguaya, onde se encontran desde a raíz rock ata candombe e olor a tango.